Queremos contar contigo. Queremos descubrir xuntos que fai Europa por nós e queremos regalarche unha viaxe a unha cidade europea sorpresa

Que é #Europeinyou?

#europeinyou

EUROPE IN YOU é un proxecto para incentivar a participación nas eleccións europeas do 26 de maio de 2019.

Europa está en nós, nós somos Europa, aínda que moitas das súas accións e modos de operar non nos satisfagan, valoramos a súa existencia e queremos coñecela máis, expresar a nosa opinión, exercer o noso dereito ao voto e intentar mellorala xuntos.

Participa no Concurso do Youtube e do Instagram e, se gañas, viaxa por Europa descubrindo as súas terras e a súa xente.

Aumentar a conciencia europea e saber que significa ser europeo facilita a vontade de dicir e expresalo a través da votación.

Non podemos esquecer o contexto que encaramos, de desafección europea: o Brexit, a crítica á protección económica, a xestión da inmigración ou a situación especial que vive España e Cataluña…

Os problemas cada vez máis globais da seguridade e da inmigración están estreitamente relacionados coa prosperidade e o benestar persoais, que son as principais causas de preocupación e interese dos cidadáns europeos. É importante que todas as comunidades autónomas valoren e desexen ser europeas e, polo tanto, participen nas súas eleccións.

O obxectivo principal do proxecto Europe in you é a promoción da participación nas próximas eleccións ao Parlamento Europeo do 26 de maio de 2019. Tamén queremos que as persoas coñezan mellor o que significa ser europeo e os programas que Europa lles ofrece aos cidadáns. Queremos promover Europa e implicar as persoas nas súas eleccións. Que sintan o deber e o privilexio de ser votante europeo. Querémonos achegar a unha poboación diversa facendo especial énfase na xuventude, dado que, segundo estudos realizados pola UE, a xente nova están menos disposta a votar debido ao aumento da insatisfacción na forma en que funciona a política. É necesario que a xente nova estea informada e que sexa parte da política.

E non queremos esquecer as persoas adultas e/ou xubiladas. É importante que todos nos sintamos parte do proxecto europeo e é por iso que, desde a Fundación Universitaria Martí l’Humà (FUMH, fundación sen ánimo de lucro comprometida coa divulgación do coñecemento), nos embarcamos no reto de traballar por Europa.