Bases do Concurso de YouTube

#europeinyou

Titular do concurso

Fundación Universitaria Martí l’Humà (FUMH).

Obxectivo do concurso

Incentivar o voto nas próximas eleccións europeas do 26 de maio de 2019 e promocionar o coñecemento de Europa e da Unión Europea mediante vídeos colgados na plataforma YouTube.

Quen pode participar

Todos os cidadáns do Estado español con dereito a voto, mesmo os que cumpran 18 anos o 26/05/2019.

Período de participación

Debido á proximidade das Eleccións Xerais, decidimos prorrogar o concurso ata o 13 de maio ás 12 h do mediodía.
O reconto dos «gústame» dos participantes terá lugar o día 13/05/2019 ás 17 h.
O xurado dará a coñecer o veredicto o 14/05/2019.

Requisitos das obras presentadas

1. Deben incentivar a participación nas eleccións europeas.
2. Poden informar sobre o Parlamento Europeo, sobre as políticas e o funcionamento da Unión Europea, sobre como repercute Europa na vida diaria dos cidadáns ou ben valorar Europa desde un punto de vista persoal.
3. En ningún caso poden superar os 60 segundos de duración.
4. O formato debe ser horizontal.
5. Poden editarse en calquera das linguas oficiais ou cooficiais de España: castelán, catalán, éuscaro ou galego. No caso das tres últimas, ademais, deberase acompañar o vídeo de subtítulos en castelán.
6. Publicaranse na canle do YouTube de cada participante identificados coa etiqueta #Europeinyou. O vídeo debe ser público.
7. Baixo ningún concepto poden incluír contido ofensivo, racista, homófobo, violento ou que poida vulnerar os dereitos básicos das persoas.
8. Para participar no concurso é imprescindible facerse subscritor da canle do Youtube Europe in you.

Non se poden presentar máis de 3 vídeos por usuario ao concurso.

Premios

1. Outorgaranse 6 premios aos mellores vídeos segundo a seguinte distribución:

Premios do xurado:
1.º premio: Viaxe de 5 días Premium a unha cidade europea sorpresa, con avión e hotel para dúas persoas. Valorado en 1200 €, aproximadamente.
2.º premio: Viaxe de 4 días Premium a unha cidade europea sorpresa, con avión e hotel para dúas persoas. Valorada en 750 €, aproximadamente.
3.º premio: Viaxe de 3 días Premium a unha cidade europea sorpresa, con avión e hotel para dúas persoas. Valorada en 550 €, aproximadamente.

Premios do público (segundo o número de «Gústame» na data 02/05/2019):
1.º premio: Viaxe de 5 días Premium a unha cidade europea sorpresa, con avión e hotel para dúas persoas. Valorada en 1200 euros, aproximadamente.
2.º premio: Viaxe de 4 días Premium a unha cidade europea sorpresa, con avión e hotel para dúas persoas. Valorada en 750 euros, aproximadamente.
3.º premio: Viaxe de 3 días Premium a unha cidade europea sorpresa, con avión e hotel para dúas persoas. Valorada en 550 euros, aproximadamente.

2. As datas das viaxes poderanse elixir con antelación (suxeito á dispoñibilidade).
3. O destino da viaxe sorpresa daráselles a coñecer aos gañadores 48 horas antes da saída.
4. Os gañadores do concurso poderán descartar cidades de destino no momento de seren premiados.
5. Coñecidos influenciadores de Youtube presentarán os vídeos premiados na web do proxecto (europeinyou.eu) e promocionaranos.
6. Os premios outorgados non se poderán cambiar polo seu equivalente económico baixo ningunha premisa.

O xurado

O xurado encargado de filtrar, controlar e outorgar os premios do concurso estará formado por membros da Fundación Universitaria Martí l’Humà (FUMH). Este xurado decidirá os gañadores de tres premios, valorando a calidade da mensaxe, a creatividade do vídeo e a motivación que transmitan para participar no proxecto europeo.

Normas de control e seguridade

1. Os autores dos contidos audiovisuais presentados ao concurso son os únicos responsables do seu material e aseguran dispor de todos os dereitos e licencias correspondentes.
2. Aceptando estas bases legais, os autores manifestan que aceptan e cumpren as directrices da comunidade do YouTube, así como as súas condicións de servizo, baixo pena de descualificación do concurso.
3. A Fundación Universitaria Martí l’Humà (FUMH) reserva o dereito a retirar do concurso os vídeos que non cumpran as normas mencionadas nestas bases.
4. Quedarán excluídos do concurso aqueles vídeos que non teñan unha mínima calidade técnica e os que non se axusten ao obxectivo do proxecto: incentivar a participación nas eleccións europeas do 26/05/2019.

Outros

1. A presentación dos vídeos ao concurso significa a aceptación destas bases. A organización resérvase o dereito a efectuar calquera modificación que considere conveniente.
2. Aceptando as bases de participación no concurso #Europeinyou, aceptas cederlle os dereitos do teu vídeo á Fundación Universitaria Martí l’Humà para a súa difusión, distribución, exhibición, reprodución ou comunicación pública, íntegra ou parcial, sen ningún tipo de restrición.
3. YouTube non patrocina este concurso. Os participantes liberan a YouTube de calquera responsabilidade relacionada con este