Bases do Concurso de Instagram

#europeinyou

Titular do concurso

Fundación Universitaria Martí l’Humà (FUMH).

Obxectivo do concurso

Incentivar o voto nas próximas eleccións europeas do 26 de maio de 2019 e promocionar o coñecemento de Europa e da Unión Europea mediante fotografías colgadas na plataforma Instagram.

Quen pode participar

Todos os cidadáns do Estado español con dereito a voto, mesmo os que cumpran 18 anos o 26/05/2019.

Período de participación

Debido á proximidade das Eleccións Xerais, decidimos prorrogar o concurso ata o 13 de maio ás 12 h do mediodía.
O reconto dos «gústame» dos participantes terá lugar o día 13/05/2019 ás 17 h.
O xurado dará a coñecer o veredicto o 14/05/2019.

Requisitos das fotografías presentadas

1. Deben incentivar a participación nas eleccións europeas de forma orixinal ou mostrando proxectos europeos que se poidan fotografar.
2. As fotografías non poden conter texto de ningún tipo na súa cabeceira.
3. O texto que acompañe a fotografía pode editarse en calquera das linguas oficiais ou cooficiais do Estado español: castelán, catalán, éuscaro ou galego.
4. Débense publicar no perfil propio de cada participante. Este perfil debe ser público.
5. Cada fotografía débese identificar coa etiqueta #Europeinyou.
6. Baixo ningún concepto poden incluír contido ofensivo, racista, homófobo, violento ou que poida vulnerar os dereitos básicos das persoas.
7. Para participar no concurso é imprescindible rexistrarse seguir o perfil de Instagram de @Europeinyou.
8. Non se poden presentar máis de 3 fotografías por usuario ao concurso.

Premios

1. Outorgaranse 6 premios ás mellores fotografías segundo a seguinte distribución:

Premios do xurado:
1.º premio: Viaxe de 5 días a unha cidade europea sorpresa, con avión e hotel para dúas persoas. Valorado en 1200 €, aproximadamente.
2.º premio: Viaxe de 4 días a unha cidade europea sorpresa, con avión e hotel para dúas persoas. Valorada en 750 €, aproximadamente.
3.º premio: Viaxe de 3 días a unha cidade europea sorpresa, con avión e hotel para dúas persoas. Valorada en 550 €, aproximadamente.

Premios do público (segundo o número de «Gústame» na data 02/05/2019):
1.º premio: Viaxe de 5 días a unha cidade europea sorpresa, con avión e hotel para dúas persoas. Valorada en 1200 euros, aproximadamente.
2.º premio: Viaxe de 4 días a unha cidade europea sorpresa, con avión e hotel para dúas persoas. Valorada en 750 euros, aproximadamente.
3.º premio: Viaxe de 3 días a unha cidade europea sorpresa, con avión e hotel para dúas persoas. Valorada en 550 euros, aproximadamente.

2. As datas das viaxes poderanse elixir con antelación (suxeito á dispoñibilidade).
3. O destino da viaxe sorpresa daráselles a coñecer aos gañadores 48 horas antes da saída.
4. Os gañadores do concurso poderán descartar cidades de destino no momento de seren premiados.
5. Coñecidos influenciadores de Instagram presentarán as fotografías premiadas na web do proxecto (europeinyou.eu) e promocionaranas.
6. Os premios outorgados non se poderán cambiar polo seu equivalente económico baixo ningunha premisa.

O xurado

O xurado encargado de filtrar, controlar e outorgar os premios do concurso estará formado por membros da Fundación Universitaria Martí l’Humà (FUMH). Este xurado decidirá os gañadores de tres premios, valorando a calidade da mensaxe, a creatividade das fotografías e a motivación que transmitan para participar no proxecto europeo.

Normas de control e seguridade

1. Os autores das fotografías presentadas ao concurso son os únicos responsables do seu material e aseguran dispor de todos os dereitos e licenzas correspondentes.
2. Aceptando estas bases legais, os autores manifestan que aceptan e cumpren as directrices da comunidade de Instagram, así como as súas condicións de servizo, baixo pena de descualificación do concurso.
3. A Fundación Universitaria Martí l’Humà (FUMH) reserva o dereito a retirar do concurso as fotografías que non cumpran as normas mencionadas nestas bases.
4. Quedarán excluídas do concurso aquelas fotografías que non teñan unha mínima calidade técnica e as que non se axusten ao obxectivo do proxecto: incentivar a participación nas eleccións europeas do 26/05/2019 ou ben mostrar algún proxecto europeo fotografable.

Outros

1. A presentación das fotografías coa etiqueta #Europeinyou implica  a aceptación destas bases. A organización resérvase o dereito a efectuar calquera modificación que considere conveniente.
2. Aceptando as bases de participación no concurso #Europeinyou, aceptas cederlle os dereitos das imaxes presentadas ao concurso á Fundación Universitaria Martí l’Humà para a súa difusión, distribución, exhibición, reprodución ou comunicación pública, íntegra ou parcial, sen ningún tipo de restrición.
3. Instagram non patrocina este concurso. Os participantes liberan a Instagram de calquera responsabilidade relacionada con este.